mércores, 1 de xullo de 2015

GRAN CHURRASCADA!!

O último día de cole, foi un día cheo de alegría pero tamén pena por un lado nos vamos de vacacións e por outro, nos despedimos dos amigos/as e dos mestres/as. Pero para que fora un día especial, xogamos moito e fixemos unha churrascada!!
Que rico estaba todo! E sobre todo o xeado!!

Foi un curso xenial para todos/as, levámonos grandes amigos/as e sempre recordaremos que facemos un bo equipo de infantil: Faraóns, Deuses e Momias!!!

FELICES VACACIÓNS!!! VÉMONOS EN SETEMBRO!! UN BICO ENORME!!
MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN E TAMÉN AOS COMPIS DE PRIMARIA E A TODOS OS MESTRES/AS!!


xoves, 18 de xuño de 2015

FESTA DE FIN DE CURSO!!

ONTE OS NENOS E NENAS DE INFANTIL PARA DESPEDIR O CURSO, CELEBRAMOS UNHA FESTA TODOS XUNTOS NO PATIO!! XOGAMOS E DESPOIS COMEMOS, E SI QUE TIÑAMOS FAME PORQUE ACABAMOS TODO DUN BOCADO!!!
XA QUEDA POUCO PARA AS VACACIÓNS, BOTAREMOS DE MENOS O NOSO PATIO E XOGAR COS NOSO AMIGOS/AS DO COLE!!


domingo, 31 de maio de 2015

QUEROTE MÁIS....


No festival das Letras galegas estreamos o lip dup feito por todos os nenos/as do cole. Para que non o vira ou para que quera recordalo aquí o tedes:




luns, 25 de maio de 2015

EXCURSIÓN Á MARCELLE!! COMO MOLA!!

O pasado mércores 20 chegou o día tan esperado!!Por fin imos de excursión ao zoo de Marcelle! Que ganas tíñamos de que chegara o día!! Aínda que nos levantamos un pouquiño máis cedo as caras de ilusión e alegría dicíano todo!! Fomos un campións, aguantamos moi ben o tempo de autobús e ao chegar alí todo nos gustaba! Pasámolo en grande, vendo a diferentes animais e realizando algúns xogos cos monitores e monitoras! Un día moi divertido e especial, pero tamén moi cansado, xa que á volta, algún que outro necesitou repoñer forzas cunha siesta!!
 

domingo, 24 de maio de 2015

LEMOS NO PATIO

TODO O COLE SAÍU O PATIO A LER EN SILENZO. CADA UN LEVOU UN LIBRO E DESFRUTOU DA LECTURA AO AIRE LIBRE... http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d20962646k4835652o1l1/lectura-no-patio

TEATRO DE TÍTERES!

Na semana das letras tamén tivemos un teatro de títeres, que trataba sobre O LIBRO DA SELVA!!
Despois da actuación, recibimos uns regalos sorpresa por participar na carreira pola lingua!!
Moitas grazas, gustáronnos moito!!